El Concello de Vilalba acondiciona la Travesía dos Pasos

Marta Rouco, en el punto donde se llevó a cabo la actuación
Una edificación abandonaba acumulaba recursos y maleza

O Concello de Vilalba acometeu unha intervención na Travesía dos Pasos, nunha beirarrúa onde se localiza un solar con edificación abandonada que xeraba molestias pola maleza e a acumulación de residuos. Os traballos consistiron na retirada do antigo valado, en mal estado, e a instalación dun novo para garantir a seguridade dos viandantes. Tamén se realizou unha limpeza completa da zona, á que se aplicará formigón nunha fase posterior para deixar o espazo acondicionado e en condicións salubres.

A alcaldesa Marta Rouco explicou que esta actuación responde á «necesidade de dar unha solución a unha situación que estaba a afectar á calidade de vida dos veciños e veciñas da zona, xa que a maleza e os residuos acumulados xeraban problemas de salubridade e inseguridade». A rexedora subliñou que, ao tratarse dunha parcela privada, o Concello non pode actuar dentro da mesma, pero si «velar por que o estado de abandono desta propiedade non repercuta negativamente no resto da veciñanza».