Javier Vázquez, concelleiro del PP de Lugo, afirmó que «o que está pasando coa Escola Municipal de Música é unha vergoña. Hoxe o goberno local confirmou, nunha resposta a preguntas formuladas polo PP en Comisión, que non se vai abrir o prazo de matrícula, o que na práctica supón certificar a súa defunción». «Estamos ante outro paso máis no desmantelamento da vida cultural municipal: primeiro foi a Banda de Música, e agora é a Escola. Todo o que tocan, estrágano», agregó.
Los populares criticaron también que «os músicos municipais levan anos agardando a actualización da súa situación profesional na RPT, un recoñecemento ao nivel que lles corresponde e que foi comprometido polo propio Goberno sen que, ata o de agora, se teña materializado». Vázquez lamentó «a pasividade e contradición interna entre PSOE e BNG, xa que Cultura di que é responsabilidade de Persoal, e Persoal que é de Cultura. Mentres tanto, a realidade é que a música desaparece da estrutura municipal. Lugo non merece un goberno que fuxe das súas responsabilidades e abandona a cultura. Para nós, a música é parte do patrimonio vivo da cidade, un instrumento de cohesión social e formación que non pode desaparecer por desinterese político».