Cataqui, membro de De Ninghures: «A música está para rompela en mil pedazos»

«Cataqui», Manuel Fernández, é un dos integrantes da banda galega De Ninghures.
Unha reunión improvisada na Foliada da Fonsagrada foi o punto de partida desta banda galega que agora sae das fronteiras de Galicia e sorprende coa súa mezcla de música tradicional con novos sons. En Aquí Lugo falamos con Manuel Fernández («Cataqui») para coñecer máis a esta banda que xa deixou atrás a etiqueta de «emerxente» e que esta fin de semana estará no festival SoaSuarna

“Dedicimos xuntarnos para tocar nun bar despois da Foliada da Fonsagrada e houbo feeling”, así conta Manuel Fernández, «Cataqui», o xerme que deu lugar a De Ninghures. “Algúns membros do grupo organizamos esta foliada e un ano invitamos á banda de Santiago a tocar nalgúns bares da vila e, por outro lado, á xente de Carballo, que tiñan outro grupo, para visitar outros establecementes”, foi ao rematar os compromisos cando se xuntaron por primeira vez.

Eses foron os comezos do que hoxe en día é De Ninghures, unha das bandas galegas das que máis se está a falar, non só en Galicia senon tamén fóra. Sete rapaces e repazas da Fonsagrada, Carballo e Santiago de Compostela xiran agora por algúns dos escenarios máis importantes do panorama musical coa súa mezcla de música tradicional con novos sons. “O límite para crear música está na orella de quen a escoite, hai público para todo, eu non lle vexo límite porque igual que se pode xuntar o metal co jazz, porque non vas mezclar o tradi con calquer outro ritmo?”, afirma Cataqui e engade que “a música está para rompela en mil pedazos, ten infinitas posibilidades e eu animo á xente a que non se sinta presionada polo que dirán”.

Neses primeiros encontros, recoñece que “non se buscaba nada, simplemente ir, tocar e pasalo ben”. De Ninghures deixou a etiqueta de «banda emerxente» xa fai tempo pero aseguran que foi o segundo disco «Feira», que se publicou en febreiro do 2025, o que o o confirmou. “Este verán notamos máis impacto que o ano pasado. Hai máis xente que nos coñece e estamos tendo bastante xente nos concertos”, afirma o músico entre sorrisos. 

Ademais de percorrer Galicia de punta a punta, esta mesma semana subiron ao escenario en Vilagrarcía de Arousa e o sábado soarán no SoaSuarna en Navia de Suarna, acudiron a Donosti, Madrid ou ao coñecido festival de música indie Sonorama, que se celebra en Aranda de Duero, Burgos. “Este ano tocamos no Charco, que é nun escenario que teñen ao lado do río”, explica Cataqui ao tempo que recorda ilusionado que “eu non sei si eran os galegos os que empezaron os cánticos ou outra persoa, o que si sei é que nos berraron «escenario principal» e eso foi bastante impresionante”.

Respecto ao público o músico afirma que non depende tanto do renome do espazo porque recoñece que “tocamos nalgúns sitios nos que pensamos que non vai haber tanta xente e temos máis que en grandes citas como o Sonorama, e despois hai festivales como o SoaSuarna que é un festival chulísimo que o ten todo para acabar sendo un referente”.

«Feira» é o último traballo de De Ninghures, co que levan xirando dous anos.

«Na convivencia entre culturas está a salsa»

A través de cancións como «Morena», «En fin, que máis dá» ou «Que se nos faga de día», o último traballo e na que fan referencia ao Alto do Muradal, na Fonsagrada, levan a música tradicional galega a novos espacios. “Está moi ben que se poida achegar a cultura e a tradición galega por toda España e tamén que se creen eses espacios, porque hai moito que compartir coas culturas de todos os sitios. Na convivencia entre culturas está a salsa!”, asegura Cataqui. 

Recoñece que a música galega está vivindo un momento doce “por como a está recibindo o público” e explica que son moitos os grupos que beben da música traicional. “Creo que hai curiosidade polo que se fai en Galicia. Sen ir máis aló, eu vivira en Azores e en canto cheguei creo que das primeiras frases que me dixo o meu compañeiro de piso que non era galego foi: «conoces a Baiuca?»”. 

Cataqui recoñece que este efecto que se está vendo na música tradicional ”ata agora só pasara co flamenco, pero agora a xente quere escoitar músicas doutras culturas e eso é moi importante”. Non se atreve a afirmar se estamos a falar dunha onda que ven para qurdarse pero recoñece que nota que “polo de agora levamos uns anos bos, xa bastantes, e apunta a que isto vai a mais”.

Unha arista do proxecto

Para De Ninghures "manter a nosa cultura e a nosa tradición é unha arista do proxecto, dalle un valor engadido”, explica o músico, que continúa recoñecendo que “case todas as ideas que levamos ao grupo forman parte da música tradicional, ben sexa con un ritmo, unha copla ou unha melodía, pero case todos os temas teñen un guiño a algo maior ou menor”.

Darlle a volta á música tradicional pero sen deixala de lado permítelles acercarse á xente nova que, para Cataqui é algo “moi necesario porque vivimos nunha época onde os rapaces e as rapazas non teñen relacións interxeracionais” o que evita que esas novas xeracións “descarten a música tradicional directamente”. 

De Ninghures ten moito futuro, ou eso é o que Cataqui deixa ler entre liñas, e explica que “soará parecido pero un pouco distinto”. “O primeiro disco, «Aquí», sacámolo cos nosos instrumentos e sen ter en conta que íbamos tocar en escenarios ou as posibilidades todas que nos dá a música electrónica” e recoñece que ese foi o gran cambio respecto a «Feira». “Esto non quere dicir que vaiamos orbitar máis á electrónica, pero imos intentar, coas ferrramentas que temos, facer algo un pouquiño diferente”, afirma mantendo un halo de misterio.

Está claro que queda De Ninghures para rato e Cataqui recoñece que “estamos traballando en cousiñas e a ver que pasa”, así que como ben din na súa canción «Aquí»: “Si quieres que te lo diga, cantando te lo diré. Mira como tocamos dende aquí, a ver se agora, por fin, te queres unir”.